TRES X TRES = ¿UN?
FOTOGRAFÍAS
INICIO
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  : 3 m,  alto : 3 m
Actores e técnicos: Sabela Amado e esteban Losada


POSTA EN ESCENA:
Espectáculo con sombras, actores y títeres., dívidese nun prólogo e tres actos con tres monicreques por acto  que son movidos por un único titiriteiro. ¡O eso cre el!  Pois a súa sombra proxéctase máis aló do que se pode considerar razoable.

PRÓLOGO:
É unha presentación do conflicto do titiriteiro coa súa sombra , o cal marcará o desenvolvemento da obra.

ACTO I / OS TESOUROS NON SON O QUE ERAN
Acto realizado exclusivamente con sombras e no que Perucho, logo dunha serie de peripecias, faise cun bítere, cuncha alaranxada procedente das profundidades abisales, que posúe propiedades máxicas. O demo Antimonio debece por apropiarse do bítere e argallará  unha serie de celadas que, ó cabo, rematarán en sonoros fracasos.

ACTO II / O DEMO VISTE DE ETIQUETA.
A acción trasládase da pantalla a un retablo. Perucho, gracias ó bítere, ou máis ben á confianza que lle infunde o opérculo, convértese nun acaudalado mozo que é proposto para desposar  á princesa Tesa. O caprichoso destino quere que  Antimonio volte a cruzarse no seu camiño.
O demo, milagrosamente vivo, logo do seu fatal encontronazo coas árbores dun bosque, engana a princesa con falsas esperanzas de amor para así casar e adonarse da súa fortuna. Coa chegada de Perucho ós seus planos amplíanse á obtención do bítere. Pero a súa maléfica estratexia fracasa e Antimonio dá cos seus ósos no cárcere.


ACTO III / SABOTAXE NO PAZO
O tempo pasa e a unión de Tesa con Perucho dá como froito un neno ledo e rebulideiro chamado Brasiñio. Mais a feliz vida da familia vese perturbada pola irrupción de Antimonio que  fugado do cárcere e, inmune o desalento, regresa polo bítere e, de paso, cumprir a súa arelada vinganza. O demo secuestra a Brasiño e  a cambio, da súa vida pide o bítere. Pese a crer que nunca cumprirá o pactado, Tesa e Perucho acceden. Todo parece estar abocado ó fracaso, pero... ¡Ninguén conta coa astucía e valentía de Brasiño!